Superadas as 10.000 visitas en menos de tres meses

Este portal web específico de emprego posto en marcha a finais do mes de xaneiro pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de superar as 10.000 visitas en menos de tres meses de funcionamiento.

Este tráfico recibido, que se intensifica especialmente a comezos de cada semana coincidindo coa actualización das novas ofertas de emprego, está a constatar a utilidade deste novo servizo de información.

Por unha parte, a maior visibilidade dos postos de traballo ofertados polos asociados contribúe a reducir os prazos para cubrir esas prazas vacantes e, por outra parte, axuda a aquelas persoas que están en situación de desemprego a coñecer as ofertas que hai na contorna da Comarca de Deza.