O sector da hostalaría, o que máis emprego ofertou en 2017 entre os socios da AED

As estatísticas do Departamento de Emprego da Asociación de Empresarios de Deza (AED) constatan que os cinco sectores de actividade que máis emprego xeraron en 2017 entre as empresas asociadas foron a hostalaría, os servizos, a industria do metal, a construción e o comercio.

En canto ao ranking dos perfís profesionais máis buscados polos asociados/as da AED o ano pasado, a orde é o seguinte: camareiros/as (41 ofertas lanzadas), dependentes/as (24 ofertas), carpinteiros metálicos e de aluminio (22 ofertas), administrativos (20 ofertas) e cociñeiros/as (19 ofertas).