Máis dun milleiro de persoas acudiron á AED en 2016 na procura de emprego

O Departamento de Emprego da Asociación de Empresarios de Deza (AED) atendeu durante o ano 2016 a un total de 1.036 demandantes de emprego, que se inscribiron na Bolsa de Traballo, sendo xaneiro, marzo e abril os meses con maior número de inscricións. Da citada cantidade, o 54,25 por cento eran homes e o 45,75 por cento, mulleres. En canto á súa orixe, o 10,70 por cento dos inscritos eran de nacionalidade estranxeira.

Respecto ás ofertas de traballo xestionadas pola AED, durante o exercicio de 2016 lanzáronse 220 ofertas para cubrir un total de 246 postos de traballo. A industria do metal, a hostalaría, os servizos, o comercio e a gandeiría foron as áreas de actividade que máis postos vacantes precisaron cubrir por parte das empresas asociadas da AED.