Máis de 600 persoas anotáronse na Bolsa de Traballo da AED no primeiro semestre

Durante os seis primeiros meses de 2016 foron 609 as persoas que acudiron á Asociación de Empresarios de Deza para anotarse na Bolsa de Traballo xestionada polo Departamento de Emprego. A meirande parte destes solicitantes de traballo foron mulleres (54,35 %), cunha porcentaxe lixeiramente superior á dos homes (45,65 %). Ademais, tamén destaca a cifra de persoas estranxeiras que acceden a este servizo gratuito que ofrece a AED, xa que foron 57 (practicamente o 10% do total de altas na Bolsa de Emprego).