Descrición da oferta de traballo

Academia emprazada en Lalín precisa incorporar Docente da especialidade auxiliar – coidador/a para impartir clases preparatorias de dita oposición.

Temario específico a impartir:

  • O corpo humano: concepto. Características. Aparatos. Sentidos.
    O persoal coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e co persoal especializado.
  • A intervención con familias de persoas con discapacidade. Características e recollida de información. Procesos de fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade dentro da familia.
  • Educación especial: clasificación das personas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.
  • Acompañamento de persoas con discapacidade. Concepto e tipos de discapacidade. Apoios, intervención e acompañamento a personas con discapacidade.
  • Características básicas das personas con discapacidade motora. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. Problemas posturais. Atención específica das persoas con espiña bífida.
  • Características básicas das personas con discapacidade visual. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. A independencia de movementos e desprazamentos; a orientación na busca de estratexias que favorezan unha maior autonomía.
  • Características básicas das personas con discapacidade auditiva. Problemas na súa escolarización ou socialización. O seu contexto de relacións.
  • A inclusión de persoas con discapacidade en espazos de ocio e de tempo libre. Procesos, planificación e intervención. O papel do persoal coidador nas actividades de ocio e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O persoal coidador como dinamizador de xogos e actividades.
  • Creación de costumes para acadar os hábitos de alimentación, hixiene e control de esfínteres. Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación e hixiene.
  • O persoal coidador no desenvolvemento de capacidades tecnolóxicas de persoas con discapacidade. Programas e procesos de entrenamento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica: organización, realización e aplicación. Aplicación dos programas de entrenamento. Aplicacións das nuevas tecnoloxías.
  • O persoal coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación e hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.
  • Técnicas de prevención de accidentes e ergonomía na escola ou centro e nas  actividades complementarias ao alumnado con necesidades especiais. Primeiros auxilios e atención de emerxencia ao alumnado con necesidades especiais.

Se estás interesado/a na oferta podes chamar ao 986 787 091 (en horario de 09 a 14 e de 16 a 19 de luns a venres) ou escríbenos a bolsaemprego@aedeza.com