Descrición da oferta de traballo
Empresa emprazada na Comarca de Deza precisa Controller. Requírese formación en Administración e direción de empresas, experiencia mínima de catro anos no posto de controller / responsable contable / auditor(a), dominio de follas de cálculo e nivel B2 de inglés.
Funcións do posto:
- Definición e seguimento do plan de negocio
- Analizar a información financeira, non financeira e de xestión da empresa, asegurando o cumplimento dos prazos e a fiabilidade dos datos
- Preparar / realizar o reporting dos resultados a xerencia
- Elaborar informes sobre cuestións específicas solicitadas por xerencia
- Propoñer melloras de procesos internos
- Controlar e realizar o seguimento do presuposto xeral da empresa coas súas desviacións
- Controlar e realizar o seguimento da evolución mensual das partidas de perdas e ganancias (contabilidade analítica)
- Preparación do cashflow
- Revisión do reporting de carteira e facturación
- Definición, implantación e operativa dos sistemas de xestión
- Supervisión da contabilidade
- Preparación e análise de estados financeiros
- Análise de desviacións, forecast, presuposto
- Previsón financeira
- Análise de viabilidade de novos proxectos
- Seguimento de KPIS
Se estás interesado/a na oferta podes chamar ao 986 787 091 (en horario de 09 a 14 e de 16 a 19 de luns a venres) ou escríbenos a bolsaemprego@aedeza.com