Descrición da oferta de traballo
Empresa emprazada na Comarca de Deza precisa Director de sistemas de información (CIO). Esta persoa será a encargada de liderar todos os aspectos do desenvolvemento tecnolóxico da compañía.
Requisitos:
- Titulación técnica (inxeñería Técnica / Superior / Grao).
- Nivel medio de inglés.
- Ao menos 5 años de experiencia profesional en roles de liderazgo tecnolóxico.
- Coñecemento e experiencia práctica en novas tecnoloxías, canles dixitais e xestión de equipos.
- Capacidade analítica orientada ao negocio.
Competencias persoais:
- A persoa que asuma o cargo debe ter unha clara capacidade de liderazgo tecnolóxico, visión estratéxica. intelixencia emocional e orientación a persoas para impulsar o cambio dende dentro fomentando a disrupción e acompañando aos equipos a coñecer as súas capacidades, aproveitalas e desenvolver aquelas que constitúen complementos e catalizadores de mellora.
- Excelentes dotes de comunicación, capaz de traducir as necesidades de negocio en proxectos reais, orientación a resultados e alta capacidade de execución desenvolvendo e implementando as solucións de negocios que permiten mellorar a productividad
Funcións:
- Analizar a estrutura de sistemas actuais e prantexar e/ou definir as plataformas e soportes, así como as ferramentas que sexan necesarias para crear un ecosistema dixital robusto, integrado, escalable e seguro, sobre o que construír o resto dos sistemas.
- Traballar con outras áreas para entender as necesidades de negocio e buscar solucións para mellorar a eficiencia dos procesos, a calidade do dato e a posta en valor da tecnoloxía, como panca que impulsa o negocio.
- Liderar e acompañar na definición do plan estratéxico da compañía, involucrando no proceso as unidades de negocio existentes, coa tecnoloxía como panca de cambio.
- Entender o dato como driver na toma de decisións estratéxicas para o negocio.
- Definir a estratexia de gobernanza de IT mediante recursos internos e/ou provedores externos para garantir o éxito e o cumprimento de prazos en todos os proxectos en marcha.
- Revisar e aprobar os proxectos de transformación propostos.
- Coordinar, a nivel tecnolóxico dentro da parte Dixital/Omnicanal, os distintos equipos implicados para levar a cabo o desenvolvemento da presencia e posicionamento da web.
- Identificar e prever futuros problemas mediante a aposta de tecnoloxías en desenvolvemento, así como o desenvolvemento propio das mesmas.
- Implementar a estratexia de datos de clientes na compañía a través dun CRM que permita definir un usuario único, co fin de maximizar as vendas a través de cross e upselling, o control das propostas, o seguimento das mesmas e a fidelización de clientes.
- Colaborar na definición e implementación da estratexia omnicanal da compañía, seguindo o concepto customer centric.
- Potenciar a canle móbil mediante o deseño e lanzamento de novas apps.
- Identificar e avaliar novas oportunidades que poidan aportar valor ao negocio actual a través da tecnoloxía e a innovación.
- Participar nas iniciativas de open innovation, co obxectivo de nutrir á compañía en tendencias punteiras.
Se estás interesado/a na oferta podes chamar ao 986 787 091 (en horario de 09 a 14 e de 16 a 19 de luns a venres) ou escribirnos a bolsaemprego@aedeza.com