Descrición da oferta de traballo

Empresa emprazada na Comarca de Deza precisa Técnico/a de selección. Requisitos: experiencia mínima dun ano en selección de persoas, tendo como habilidades imprescindibles a axilidade, capacidade de resolución e proactividade ante as necesidades de persoal por parte da empresa. Tarefas: selección e recrutamento de persoal, xestión xeral da área de recursos humans e apoio ao departamento de administración na área laboral.

Se estás interesado/a na oferta podes chamar ao 986 787 091 (en horario de 09 a 14 e de 16 a 19 de luns a venres) ou escribirnos a bolsaemprego@aedeza.com