Descrición da oferta de traballo

Empresa ubicada en Lalín precisa incorporar un/unha deseñador/a gráfico/a para o Departamento de Comunicación e Marketing, baixo a supervisión da directora do mesmo. Incorporase ao equipo na sede central do grupo, en Lalín. Requírese que sexa unha persoa con iniciativa, capacidade de decisión, facilidade comunicativa e capaz de traballar de forma dinámica e efectiva en distintos e variados proxectos. Imprescindible, dominio avanzado de Photoshop, Illustrator e InDesign. Valorarase que teña habilidades coa edición de vídeo e con paquete Office. Moi importante a capacidade de xerar conceptos e deseños orixinais para múltiples marcas. Imprescindible coñecementos en maquetación web adaptada a diferentes dispositivos (traballamos con WordPress e Prestashop), newsletters, distintos formatos publicitarios dixitais e offline, catálogos (online e offline), trípticos, dípticos, maquetación e realización de espacios para feiras, etc.  Importante o dominio de todo o proceso: bocetos + cambios + arte final. Moi importante ter visión holística de cada marca; non buscamos a unha persoa que execute tácticas, senón que comprenda a estratexia de marca plantexada, entenda a onde hai que levar a medio/longo prazo a cada marca e saiba conectar distintas tácticas que teña que executar para proxectar unha imaxe que constrúa marca, de forma unificada e coherente.

Se estás interesado/a na oferta podes chamar ao 986 787 091 (en horario de 09 a 14 e de 16 a 19 de luns a venres) ou escríbenos a bolsaemprego@aedeza.com