Descrición da oferta de traballo

Industria ubicada na Comarca de Deza precisa un técnico de mantemento para realizar tarefas de posta en servizo de instalacións e de montaxe de maquinaria industrial. Imprescindible que os candidatos acrediten formación mínima en F.P. de Grao Superior en Electricidade e Electrónica e experiencia mínima de dous anos. Valoraranse positivamente os coñecementos en electromecánica.