Descrición da oferta de traballo

Axencia de comunicación precisa incorporar un programador/a informático/a para a elaboración e desenvolvemento de páxinas web. Requírese titulación de enxeñeiro técnico ou superior en Informática, experiencia demostrable e coñecementos avanzados de WordPress, Joomla, Prestashop e Woocommerce (valorarase a achega de portfolio de traballos realizados). Posibilidade de contrato a media xornada ou xornada completa e opción de compatibilizar o traballo en oficina (a 30 minutos de Santiago) co teletraballo. Condicións a negociar segundo a experiencia e valía do/a candidato/a.

Se estás interesado/a na oferta podes chamar ao 986 787 091 (en horario de 09 a 14 e de 16 a 19 de luns a venres) ou escríbenos a bolsaemprego@aedeza.com