Que debo facer se estou interesado/a nunha oferta de traballo anunciada nesta páxina web?

O máis recomendable é contactar coa AED chamando aos teléfonos 986 78 70 91 / 667 699 161 ou enviar un correo electrónico á dirección asociacion@aedeza.com solicitando máis información sobre os pasos a seguir e mencionando como referencia o número concreto da oferta. En cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) de carácter persoal xa non é posible adxuntar o C.V. a través da web, xa que os demandantes de emprego deben asinar unha autorización pola que consisten que a AED utilice o seu C.V. para os procesos de selección que estime oportunos. Polo tanto, será imprescindible achegarse á sede da AED (rúa Otero Pedrayo, 24 baixo) para entregar o currículo.

Se son asociado/a da AED e quero lanzar unha oferta para para cubrir un posto de traballo vacante, que teño que facer?

Como asociado/a da AED simplemente debe porse en contacto co Departamento de Emprego (teléfonos 986 78 70 91 ou 667 699 161) e informar das características concretas do posto de traballo ofertado (actividade, centro de traballo, temporalidade, etc.) ao fin de que os perfís seleccionados se axusten o máximo posible aos requisitos do posto vacante.

Con que frecuencia se actualiza a relación de ofertas de emprego vixentes?

O Departamento de Emprego da Asociación de Empresarios de Deza actualiza ao remate de cada semana a relación de ofertas de traballo vixentes, suprimindo aqueles postos que xa foron cubertos e engadindo as novas ofertas lanzadas polos asociados. Deste xeito, cada luns poderase consultar nesta páxina web e tamén na páxina de Facebook da AED a relación de ofertas de emprego vixentes.

Que perfís profesionais foron os máis demandados polos asociados da AED no exercicio de 2015?

As profesións máis solicitadas polas empresas asociadas á AED no ano 2015 foron as seguintes: camareiro/a, comercial, administrativo/a, carpinteiro de aluminio, cociñeiro/a, operario/a, dependente/a, técnico de mantemento, electricista e gandeiro.

Canto tempo permanecen os currículos na Bolsa de Traballo da AED?

Cada tres meses, os/as demandantes de emprego que estean inscritos na Bolsa de Traballo deberán revisar o seu C.V., posto que, de non ser así, causará baixa na Bolsa de Traballo.