A AED acollerá unha das sete lanzadeiras de emprego promovidas pola Xunta, a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica

A Asociación de Empresarios de Deza acollerá a partires do mes de maio unha das sete lanzadeiras de emprego que está a promover por segunda vez a Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica. A finalidade deste programa, que ademais de Lalín celebrarase en

Ler máis

Máis de 600 persoas anotáronse na Bolsa de Traballo da AED no primeiro semestre

Durante os seis primeiros meses de 2016 foron 609 as persoas que acudiron á Asociación de Empresarios de Deza para anotarse na Bolsa de Traballo xestionada polo Departamento de Emprego. A meirande parte destes solicitantes de traballo foron mulleres (54,35 %), cunha porcentaxe lixeiramente superior á dos homes (45,65 %). Ademais, tamén destaca a cifra

Ler máis

Superadas as 10.000 visitas en menos de tres meses

Este portal web específico de emprego posto en marcha a finais do mes de xaneiro pola Asociación de Empresarios de Deza (AED) coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de superar as 10.000 visitas en menos de tres meses de funcionamiento. Este tráfico recibido, que se intensifica especialmente a comezos de cada semana

Ler máis

A AED lanza unha web específica para divulgar as ofertas de emprego

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) vén de estrear unha páxina web co dominio www.aedezaemprego.gal para divulgar as ofertas de emprego que lanzan as empresas asociadas e que se xestionan dende a propia asociación.  Aproveitando a renovación do portal corporativo (www.aedeza.gal), decidiuse elaborar esta páxina web específica en materia de emprego cun dobre obxectivo: por

Ler máis

A comarca contabiliza 2.675 parados tras reducir o desemprego nun 13,2% en 2015

Os seis concellos da Comarca de Deza conseguiron reducir o desemprego nun 13,2% durante o ano pasado (410 parados menos), contabilizando ao peche do exercicio un total de 2.675 desocupados, segundo os datos oficiais da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os descensos foron xeralizados en todos os municipios da bisbarra, xa que Lalín baixou

Ler máis

A AED xestionou no ano 2015 un total de 180 ofertas de emprego

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) xestionou durante o pasado exercicio 180 ofertas de emprego, que foron lanzadas por empresas asociadas para cubrir un total de 228 vacantes. Esta cifra supuxo un notable incremento respecto das 157 ofertas para 169 postos de traballo divulgadas no ano 2014 e constitúe, comparativamente, o mellor rexistro estatístico desta tipoloxía dende o

Ler máis