A AED xestionou no ano 2015 un total de 180 ofertas de emprego

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) xestionou durante o pasado exercicio 180 ofertas de emprego, que foron lanzadas por empresas asociadas para cubrir un total de 228 vacantes.

Esta cifra supuxo un notable incremento respecto das 157 ofertas para 169 postos de traballo divulgadas no ano 2014 e constitúe, comparativamente, o mellor rexistro estatístico desta tipoloxía dende o ano 2011.

Por sectores, as ofertas divulgadas polo Departamento de Emprego da AED correspondéronse principalmente con empresas de hostalaría, servizos, metal, comercio e automoción. En canto á evolución mensual, os meses de agosto, outubro e novembro foron os que rexistraron un maior volume de postos de traballo ofertados.

Deixa unha resposta

*