A AED lanza unha web específica para divulgar as ofertas de emprego

A Asociación de Empresarios de Deza (AED) vén de estrear unha páxina web co dominio www.aedezaemprego.gal para divulgar as ofertas de emprego que lanzan as empresas asociadas e que se xestionan dende a propia asociación. 

Aproveitando a renovación do portal corporativo (www.aedeza.gal), decidiuse elaborar esta páxina web específica en materia de emprego cun dobre obxectivo: por unha parte, permitiralle ás empresas asociadas divulgar as vacantes dispoñibles para simplificar os procesos de selección de candidatos/as e, por outra, posibilitará que todos aqueles demandantes de emprego da comarca dispoñan dun lugar de referencia para informarse das ofertas de traballo locais.

“A idea de fondo é contribuir á dinamización do mercado laboral, poñendo a disposición das empresas e dos desempregados unha canle de comunicación que sexa útil para ambos”, explica o presidente da AED, Antonio Lamas. Neste senso, precisa que a relación de novas ofertas actualizarase cunha periodicidade semanal, mentres que as vacantes cubertas eliminaranse no momento no que se teña constancia das contratacións.

Deixa unha resposta

*